Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51464

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (294/2014).

Manuel Rubido de la Torre, secretario da sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, dou fe e certifico que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LECN) 294/2014, seguido a instancia de Dalonga, S.L., contra María Carmen Lorenzo Barreiro, Manuel Falcón Oubiña e María Lara Falcón Abalo, nos que recaeu sentenza do teor literal seguintes:

«A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Abalo, Javier Menéndez Estebánez, Manuel Almenar Belenguer, Jacinto José Pérez Benítez ditou en nome do Rei, a seguinte

En Pontevedra o vinte e oito de xullo de 2014.

Visto en grao de apelación ante esta sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de xuízo ordinario 276/2012, procedentes do Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra, aos que correspondeu o rolo número 294/2014, nos que aparece como parte apelante-demandante Dalonga, S.L., representado polo procurador Pedro Antonio López López, e asistido polo letrado Pablo Sande Llovo, e como parte apelados-demandados María del Carmen Lorenzo Barreiro, representado pola procuradora María Susana Tomas Abal, e asistido polo letrado Joaquín Buceta Hazas e Manuel Falcón Oubiña e María Lara Falcón Abalo, non comparecidos nesta instancia e sendo relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que estimamos o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Dalonga, S.A. e na súa consecuencia revogamos a sentenza ditada polo Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra en autos de xuízo ordinario 276/2012, e condenamos solidariamente a María del Carmen Lorenzo Barreiro, María Lara Falcón Abalo e Manuel Falcón Oubiña a aboar á demandante a suma de 22.420,66 euros, con desestimación do resto de pretensión. Non se efectúa pronunciamento en costas en ningunha das dúas instancias. Procédase á restitución do depósito constituído.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao que me remito en caso necesario, para que así conste e remítase ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a María Lara Falcón Abalo e a Manuel Falcón Oubiña, estendo e asino o presente edicto.

Pontevedra, 5 de novembro de 2014

O secretario xudicial