Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51462

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3331/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3331/2014 desta sección, seguido por instancia de Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L., Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L. e Viajes Fisterra, S.L. UTE, Viajes Fisterra, S.L. contra o Fogasa, Atlántico Congresos, S.L., Gespalia, S.L., admón. concursal Gespalia, S.L. (Concurlex Abogados), admón. concursal Atlántico Congresos, S.L. (Francisco Álvarez Serrano), María Pilar Cereijo Neira, sobre despedimento disciplinario, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por UTE Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L. e Viajes Fisterra, S.A., Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L. e Viajes Fisterra, S.L. contra a sentenza ditada o 7.4.2014 polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela en autos número 402/2013, sobre despedimento, seguido por instancia de María Pilar Cereijo Neira contra a UTE Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L. e Viajes Fisterra, S.A., así como Viajes Hasco, S.A.U., Monfobus, S.L. e Viajes Fisterra, S.L., recorrentes, resolución que se mantén na súa integridade.

En canto a depósito, aseguramento e custas, obsérvese o razoado.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2014

A secretaria xudicial