Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51461

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5198/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5198/2012 seguido por instancia de Carmen Suárez Romero contra o Fondo de Garantía Salarial e outros, se ditou auto cuxa, parte dispositiva di así:

«A sala acorda declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina preparado pola letrada Sra. Souto Neira, en representación de Carmen Suárez Romero, fronte á sentenza ditada en suplicación por este tribunal, declarando a firmeza desta e a devolución ao órgano xudicial de procedencia dos autos con certificación da sentenza recaída e expresión da súa firmeza.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do
artigo 223.3 LRXS, no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a resolución tivese incorrido a xuízo do recorrente, e facéndoo saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta nº 1552 debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “30 Social-Reposición”.

Así, por este auto, o pronuncian, mandan e asinan, comigo, secretario da sala, que dou fe».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa
Ferlosa, S.L., con último domicilio Lugo, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial