Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 11 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Loxo-Enquerentes-Fonterrosas-Ribeira (Touro-A Coruña).

O 11 de novembro de 2014, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Loxo-Enquerentes-Fonterrosas-Ribeira (Touro-A Coruña) que se transcribe a seguir:

O acordo da zona de concentración parcelaria de Loxo-Enquerentes-Fonterrosas-Ribeira (Touro-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia, con data do 16 de marzo de 2004, e publicado na forma legalmente establecida, na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Touro solicitou a cesión da titularidade dos predios para os fins que se indican a seguir:

– Predios nº 73, 182, 454-2, 534-1, 543-3, 555, 596-1, 600-2, 621, 639, 770-1, 786-1, 1056, 1057, 1079, 1152, 1201, 1202, 1243-2 e 1294 para depósitos de madeira e maquinaria contra incendios.

– Predio nº 312 para campo de festas de Loxo.

– Predio nº 503 para campo de festas de Coto de Loxo.

– Predio nº 587 para área recreativa de Brandelos.

– Predio nº 588 para depósito de auga.

– Predio nº 635 para área recreativa da igrexa de San Xoán.

– Predio nº 637 para contorno da igrexa de San Xoán.

– Predio nº 673 para contorno do Muíño do Ferreiro.

– Predio nº 862 para ampliar o cruzamento de camiños en Loureda.

– Predio nº 1000 para fosa séptica de Enquerentes.

Vista a proposta da Xunta Local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Loxo-Enquerentes-Fonterrosas-Riveira (Touro-A Coruña) e adxudicarlle ao Concello de Touro a titularidade dos predios número: 73, 182, 312, 454-2, 503, 534-1, 543-3, 555, 587, 588, 596-1, 600-2, 621, 635, 637, 639, 673, 770-1, 786-1, 862, 1000, 1056, 1057, 1079, 1152, 1201, 1202, 1243-2 e 1294, que causan baixa no Fondo de Terras da zona para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Unha vez transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades, sen que os predios sexan destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de Terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda segundo o caso.

3. Ordenar que a esta resolución se lle dea a oportuna publicidade sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Touro.

Contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 25 de novembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña