Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de novembro de 2014 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dalgunhas estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia da zona de Ferrol-A Coruña Leste.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense á información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona de Ferrol-A Coruña Leste

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-64

Catabois (AC-116)-Vilalba (A-8)

0+000 ao 12+450

AC/13/037.09.1

Narón

AC-115

Fene (N-651)-Xuvia (AC-862)

2+380 ao 4+710

AC/13/037.09.2

Neda

AC-133

Fene (N-651)-Mugardos

0+000 ao 3+820

AC/13/037.09.3

Fene

AC-162

Sada (AC-163)-Bergondo (AC-164)

0+000 ao 4+390

AC/13/037.09.4

Sada, Bergondo

AC-164

Guísamo (N-VI)-Insua (N-651)

0+000 ao 7+240

AC/13/037.09.5

Bergondo, Paderne

AC-174

Perillo (AC-175)-Oleiros (AC-180)

0+290 ao 5+080

AC/13/037.09.6

Oleiros

AC-183

Sada (AC-162)-Arillo (AC-173)

0+000 ao 1+170

AC/13/037.09.7

Sada

AC-215

Fonteculler (AC-211)-O Portádego (N-550)

0+000 ao 0+800

AC/13/037.09.8

Culleredo

AC-566

Narón (AC-862)-O Campo do Hospital (AC-862)

10+720 ao 12+020

AC/13/037.09.9

Valdoviño

AC-862

Ferrol-lím. prov.-San Cibrao

3+440 ao 7+330

AC/13/037.09.10

Narón, Neda

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no cal poderá ser examinada polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) está á disposición das persoas interesadas o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación á cal van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, núm. de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas