María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento sancións 704/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Barbeito Iglesias contra Galicia Saudade, S.L. sobre sancións, se ditou a seguinte resolución:
«Auto
Maxistrado xuíz Jorge Hay Alba.
A Coruña, 12 de decembro de 2014.
Feitos
Único. Que a representación da demandante María Isabel Barbeito Iglesias interpuxo recurso directo de revisión contra o decreto do 12.11.2014. Deuse traslado á parte contraria e pasaron os autos a SSª para acordar o procedente.
Fundamentos de dereito
Único. Reiteradamente establece o Tribunal Constitucional que non existe indefensión cando “non se chega a producir efectivo e real menoscabo do dereito de defensa” e tampouco cando “existiu posibilidade de defenderse en termos reais e efectivos”. Procede, polo tanto, desestimar o recurso directo de revisión, pois a parte demandante non acudiu á conciliación preceptiva antes do xuízo o día ou a hora sinalada, tal e como se di na acta do 12-11-14, e non consta acordo anterior de suspensión do procedemento nin petición sobre esta cuestión. Débese recordar que a STC 137/1996 indica, ademais, que quen insta a suspensión, que non é o caso, e non obtén resposta, debe comparecer na data sinalada, polo que ao non constar fidedignamente ningunha das afirmacións da recorrente, se confirma o decreto impugnado, sen que a petición de proba solicitada poida ser determinante posto que a acta de non comparecencia se pode redactar en momento posterior sen que por este motivo deba conter falsidade ningunha.
Parte dispositiva
Desestímase o recurso directo de revisión interposto pola parte demandante María Isabel Barbeito Iglesias contra o decreto do 12.11.2014, o cal se confirma.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.
Así o acorda e asina o maxistrado xuíz deste xulgado.
Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 15 de decembro de 2014
A secretaria xudicial
