Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 574/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio López García contra Construcciones Segade Abad, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Resolución
1º. Estimo a demanda formulada por Antonio López García fronte á empresa Construcciones Segade Abad, S.L. e condeno a esta a aboar á parte demandante 7.956,29 euros polo principal reclamado e 2.061,87 euros como xuros moratorios.
Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.
Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».
E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Segade Abad, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 16 de decembro de 2014
O secretario xudicial
