Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/41-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Domicilio social: rúa Velázquez, s/n, 32002 Ourense.

Denominación: LMT e CT para edificio xudicial en Ourense.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT 20 kV de 20 m de lonxitude en canalización cerrada IP65 200×100 mm, polo teito do andar S-2 e con condutor RHZ1 12/20 kV 2OL 3 (1×95 Al) e orixe no CS da compañía distribuidora (dotación de celas de liña, protección, medida e remonte) e remate nos CTS proxectados en edificio xudicial 2 × (630) kVA, R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 50.891,09 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente a dereito.

Ourense, 26 de decembro de 2014

P.S.L. ( Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas