Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos de diversos centros (referencia AB-EIC1-13-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-EIC1-13-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos de diversos centros da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes (no seu caso): non existen lotes.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 19.20.26, 33, 35.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 09.31.00.00-5, 09.12.21.00-1, 09.12.30.00-7, 09.13.40.00-7, 34.91.30.00-0 y 50.53.00.00-9.

f) Acordo marco (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 24.917.752,00 euros. Importe total: 30.150.480,00 euros (engadido o 21 % de IVE).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 1.12.2014.

c) Contratista: UTE Hospitais da Coruña (Altair Ingeniería y Aplicaciones, S.A., Giroa, S.A.).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 23.508.099,12 euros. Importe total: 28.444.799,92 euros (engadido o 21 % de IVE).

A Coruña, 2 de decembro de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña