Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2014 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2008002714 e 2008002715).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00495, Parque Eólico de Sabucedo. Exp. 105-EOL.

Concello: Ourol.

Provincia: Lugo.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. Lugo.

Beneficiaria: Eólicos do Morrazo, S.L.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Roberto Suárez Gato

Clara Cao González

23.10.2014

23.10.2014

2008002714

2008002715

2

3

79.163,79

7.172,65