Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de obras correspondentes ao Plan de mantemento da muralla romana de Lugo 2015-2016 (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: obras correspondentes ao Plan de mantemento da muralla romana de Lugo 2015-2016.

c) Prazo de execución: máximo de vinte e catro (24) meses.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45400000-1, 45262600-7, 45310000-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 611.793,94 €.

IVE (21 %): 128.476,73 €.

Importe total: 740.270,67 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2015: 277.601,49 €.

2016: 370.135,33 €.

2017: 92.533,85 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico das obras poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21788.

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

Información de índole técnica 981 54 65 94.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica ou profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de adscrición de medios: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 11 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do Diario Oficial de Galicia por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria