Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a Ashlyn Nicole Kriegel para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada a notificación persoal, emprázase a Ashlyn Nicole Kriegel para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación é a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 29 de outubro de 2014, pola que se declara caducado o procedemento de homologación de título ou validación de estudos estranxeiros.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos