Con data do 25 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2014375TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Edwin Alfredo Martínez Pachas, con NIE X6430453K.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notifica a Edwin Alfredo Martínez Pachas o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 3 de decembro de 2014
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2014375TA-PO.
Denunciado: Edwin Alfredo Martínez Pachas, con NIE X6430453K.
Último enderezo coñecido: rúa Dr. Marañón, núm. 5, 4º esda., 36211 Vigo.
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos presuntamente infrinxidos:
– Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).