Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2015 Páx. 1044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha Resolución do 18 de setembro de 2014 de non concesión de axuda ou subvención ao programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, reguladas na Orde do 11 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño), relativa ao expediente TR340K 2014/63-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nú. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícase a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 4 de decembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340K 2014/63-2.

Nome: Metalúrgicas Kedifi, S.L.

DNI/NIF: B27349372.

Último enderezo coñecido: rúa Santo Grial, 101, entres., 27004 Lugo.

Contido da resolución: resolución ditada o 18 de setembro de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, de non concesión de axuda ou subvención solicitada, por incumprir os artigos 3 e 4.c) da orde reguladora da subvención.