A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, serán acordadas pola comunidade autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.
No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, e pola Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Logo de ser autorizadas para implantar os estudos, as universidades quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis aló dun curso académico. Por razóns excepcionais debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar a non impartición da titulación noutro curso académico. A non impartición da titulación máis alá de dous cursos académicos consecutivos levará consigo o inicio do procedemento de supresión que determinará a revogación da autorización da súa implantación.
O Pleno do Consello Galego de Universidades do 22 de decembro de 2014, no exercicio das competencias previstas no artigo 3.2.l) do Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, acordou emitir informe favorablemente sobre a revogación da autorización ás universidades do Sistema Universitario de Galicia para impartir as ensinanzas universitarias oficiais dos títulos universitarios que se relacionan.
Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo 1
Revogar a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Máster universitario conxunto en Física Aplicada, coordinado pola UVIGO e coa participación da UDC, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4311051.
2. Máster universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311076.
3. Máster universitario en Investigación, Ordenación e Avaliación de Servizos Sociosanitarios, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312934.
4. Máster universitario en Xestión e Políticas Públicas, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310001.
Artigo 2
Revogar a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 2502231
2. Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 2502233.
3. Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, autorizado pola Orde do 5 de decembro de 2013, e que figura inscrito no RUCT co código 4314438.
4. Máster universitario en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311748.
5. Máster universitario en Biotecnoloxía, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310851.
6. Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311749.
7. Máster universitario en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310353.
8. Máster universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311764.
9. Máster universitario conxunto en Química Avanzada, coordinado pola USC e coa participación da UVIGO, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310455.
10. Máster universitario en Xestión Pública, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311756.
11. Máster universitario en Xuventude e Sociedade, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312585.
Artigo 3
Revogar a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:
1. Grao en Estudos de Galego e Español, autorizado polo Decreto 385/2009, do 27 de agosto, e que figura inscrito no RUCT co código 2500887.
2. Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4313697.
3. Máster universitario en Dirección e Xestión da Loxística e a Cadea de Subministración, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310606.
4. Máster universitario en Enxeñaría Telemática, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310608.
5. Máster universitario conxunto en Física Aplicada, coordinado pola UVIGO e coa participación da UDC, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4311051.
6. Máster universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310598.
7. Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310609.
8. Máster universitario conxunto en Química Avanzada, coordinado pola USC e coa participación da UVIGO, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310455.
9. Máster universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310610.
10. Máster universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311045.
11. Máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310612.
Artigo 4
As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando estudos que inician o proceso de revogación, de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria