A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
Dispón:
Artigo 1. Obxecto
Mediante a presente orde establécese como prezo privado pola venda dunha publicación editada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se relaciona no anexo, O Queixo de San Simón. A súa recuperación, a cantidade de 15 euros (IVE incluído).
Artigo 2. Forma de liquidación e pagamento
O pagamento do prezo deberá terse realizado no momento de presentar a solicitude da publicación que se relaciona no anexo como requisito previo e necesario para a realización da entrega conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO
O Queixo de San Simón. A súa recuperación: 15 euros.