María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 228/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Itzhiar Cambeiro Louro contra Zintura, S.A., Línea Futurex Avance, S.L., administración concursal Línea Futurex Avance, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:
«Sentenza
Na Coruña, 21 de novembro de 2014.
Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 228/2014, en que foron parte, dun lado como demandante Itzhiar Cambeiro Louro, representada pola letrada Margarita Lamela Louzán, e como demandados Zintura, S.A., representada pola letrada Alba Costoya Novo, Línea Futurex Avance, S.L., que non comparece, con intervención procesual da administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L., que non comparece, e Fogasa, representado polo letrado Alejandro Crespí Rodríguez, sobre despedimento, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:
Resolvo
Que estimando a demanda interposta por Itzhiar Cambeiro Louro contra a empresa Línea Futurex Avance, S.L. e administración concursal, con intervención do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 13.463,68 euros. No caso de que opte pola readmisión, a empresa deberá aboar os salarios de tramitación, que ascenden a 33,06 euros diarios. Considérase que a parte demandante desiste respecto da entidade Zintura, S.A.
Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.
E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.
Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Línea Futurex Avance, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 17 de decembro de 2014
A secretaria xudicial
