Rogelia Blanco González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, anuncia que no presente procedemento verbal sobre garda, custodia e alimentos, seguido por instancia de Lilian Andrea Periáñez Escobar fronte a Alexander Montoya Sánchez, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza
Debo estimar e estimo a demanda presentada por Lilian Andrea Periáñez Escobar contra Alexander Montoya Sánchez e, respecto á filla común:
(1) Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.
(2) Non procede fixar réxime de visitas co pai ata que este expresamente o solicite.
(3) Fíxase en 90 euros mensuais actualizables conforme o IPC cada ano e a partir do 1.1.2015 a cantidade coa cal o pai debe contribuír aos alimentos da menor.
(4) Non procede realizar condena en custas.
Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados dende o día seguinte ao da notificación desta.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E encontrándose o devandito demandado, Alexander Montoya Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Ferrol, 17 de setembro de 2014
A secretaria xudicial
