De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselle a Lennin Alfonso Martínez Mercedes, con NIE Y0825627X, o sobresemento do expediente sancionador 2014099TA-PO, por infracción en materia sanitaria, iniciado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra, por non constar aquel como titular do establecemento inspeccionado.
O expediente consta nos locais da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, para que o expedientado poida ter coñecemento do seu contido.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao interesado a referida resolución de sobresemento do expediente sancionador 2014099TA-PO, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se for o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
