En sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.5 da orde de convocatoria (DOG número 140, do 24 de xullo de 2013), os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) de acordo co procedemento establecido para o efecto pola dita dirección xeral na súa Resolución do 18 de novembro de 2014 (DOG núm. 225, do 24 de novembro).
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014
Roberto Suárez Vázquez
Presidente do tribunal
