Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (460/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 460/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Aurora Gerpe Souto contra Aldea Directo, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 606/2014

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 460/2014

Demandante: María Aurora Gerpe Souto

Letrada: Sra. Sánchez Pichel

Demandada: Aldea Directo, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo

A Coruña, 16 de decembro de 2014.

Resolución:

1. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por María Aurora Gerpe Souto fronte á empresa Aldea Directo, S.L., por considerar caducada a acción exercida fronte á demandada e, en consecuencia, absólvoa de todos os pedimentos formulados fronte a ela en relación coa devandita acción.

2. Estimo a pretensión de reclamación de cantidade formulada por María Aurora Gerpe Souto fronte á empresa Aldea Directo, S.L. e, en consecuencia, condeno a segunda a aboar á primeira a cantidade de 2.333,64 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Aldea Directo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de decembro de 2014

A secretaria xudicial