Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 864/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Regueira Abeleira contra Intemaga, S.L., Ute Avico, Grupo Cobra, S.A., Proinfo, Pacsa, IPT-Grupo Comsa-Ente, administración concursal Intemaga, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Sentenza: 515/2014.
Xuíz: Javier López Cotelo.
Procedemento: resolución de contrato 864/2013, acumulado despedimento 180/2014 e 403/2014.
Demandante: José Regueira Abeleira.
Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.
Demandado:
– Intemaga, S.L.
– Administrador concursal de Intemaga, S.L.
Sr. Hernández Escobar.
– UTE Avico.
Letrada: Sra. Pequeño Fernández.
– Grupo Cobra, S.A.
– Proinfo.
– Pacsa.
– IPT-Grupo Comsa-Ente.
Fogasa.
Sentenza 515/2014.
A Coruña, 6 de novembro de 2014.
Resolución:
1º. Estimo a acción sobre resolución contractual formulada por José Regueira Abeleira fronte á empresa Intemaga, S.L. e acordo a extinción da súa relación laboral con efectos do 12 de xullo de 2013, condenando a empresa demandada a aboar ao demandante a indemnización de 6.586,92 euros.
2º. Desestimo a acción de impugnación de despedimento por causa obxectiva e por despedimento tácito formulada por José Regueira Abeleira fronte á empresa Intemaga, S.L.
3º. Estimo a acción de reclamación de cantidade formulada por José Regueira Abeleira fronte á empresa Intemaga, S.L e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 5.909,74 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos.
A empresa codemandada UTE Avico deberá responder solidariamente con Intemaga, S.L. do pagamento ao demandante de 5.509,37 euros deses 5.909,74 euros.
4º. Considérase que o demandante desiste das súas pretensións fronte ás empresas Grupo Cobra, S.A., Proinfo, Pacsa, IPT-Grupo Comsa-Ente.
5º. O Fogasa e a administración concursal de Intemaga, S.L. deberanse ater ao establecido na presente resolución.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.
Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.
Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.
Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».
E para que conste e sirva de notificación a Intemaga, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 16 de decembro de 2014
A secretaria xudicial
