Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2014).

Demandante: Manuel Jesús Fandiño López

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Grafinova, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 363/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Jesús Fandiño López contra Grafinova, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Manuel Jesús Fandiño López contra Grafinova, S.A. debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 12 de marzo de 2014, e debo condenar e condeno a Grafinova, S.A. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 45,50 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 32.760 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014

A secretaria xudicial