Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de mellora do pavimento da rúa Jacinto Santiago en Vilardevós.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 30/2014 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21104

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: mellora do pavimento da rúa Jacinto Santiago en Vilardevós.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233252-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 184.840,59 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 184.840,59 €. Importe total: 223.657,11 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: 15.12.2014.

c) Adxudicataria: Construcciones Rafer, S.L.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 152.400,00 €. Importe total con IVE: 184.404,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas