A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo resolveu, o 23 de xullo de 2014, denegar a Fernando Rodríguez Seijas a autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico previa á concesión da licenza urbanística municipal, para o acondicionamento dun local para restaurante, no lugar de Cabreira, núm. 1, Catasós, no termo municipal de Lalín (Pontevedra).
Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias do Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, sito no edificio administrativo de Pontevedra, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación (artigos 48, 107.1, 114 e 115 da LRXPAC).
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014
Mª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
