Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha resolución de procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (anexo B, Diario Oficial do Galicia do 7 de maio), relativa ao expediente TR348B 2010/3-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 11 de decembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/3-2.

Nome: Inversiones de Actividades Gallegas de Comercialización, S.L.

DNI/NIF: B27398536.

Último enderezo coñecido: rúa Raíña, 15-B, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de 3 anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada o 2 de decembro de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.