Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que fose posible, polo que, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles por medio desta cédula a resolución ditada nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
En cumprimento do artigo 61 da antedita LRXAP e PAC, comunícase que neste mesmo prazo poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga 9, 1º, Centro comercial Elviña, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas para coñecer o contido íntegro do acto.
Expediente nº: RL 2005/850-1.
Acta inf. nº: 1573/05.
Empresa: Juan Álvarez Castiñeiras.
NIF: 32242283D.
Enderezo: rúa Marina Nieto Álvarez 5, A Coruña.
Materia: seguridade e hixiene.
Normativa infrinxida: artigo 14.1 3 3 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 3.1 e anexo I 1.8 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.
Tipificación: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 21 de novembro de 2014.
Resolución: confirmar a comisión dunha infracción grave en grao medio a Javier Álvarez Castiñeiras, e deixar sen efecto a sanción económica en aplicación do principio non bis in idem.
Expediente nº: RL 2014/340-1.
Acta inf. nº: I152014000079945.
Empresa: A Troia de Ferrol, S.L.
NIF: B70370283.
Enderezo: estrada de Catabois 276, 15405 Ferrol.
Materia: traballo.
Normativa infrinxida: artigos 12 e do 34 ao 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores (ET), e artigos 14 e 15 do convenio colectivo de hostalaría da provincia da Coruña.
Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 27 de novembro de 2014.
Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a A Troia de Ferrol, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).
Expediente nº: RL 2014/271-1.
Acta inf. nº: I152014000062666.
Empresa: Limperhostel, S.L.
NIF: B27451806.
Enderezo: praza da Estación, esquina Rosalía de Castro, 27400 Lugo.
Materia: traballo.
Normativa infrinxida: artigos 34 e 35 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, estatuto dos traballadores (ET).
Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 17 de outubro de 2014.
Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Limperhostel, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).
Expediente nº: RL 2014/295-1.
Acta inf. nº: I152014000060646.
Empresa: Monte Louro Pro Con Servi, S.L.
NIF: B70148176.
Enderezo: Cuchariños, Louro 3, 15291 Muros.
Materia: obstrución.
Normativa infrinxida: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 7 de novembro de 2014.
Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Monte Louro Pro Con Servi, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta euros (1.250 €).
A Coruña, 11 de decembro de 2014
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
