De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á entidade MR WINE, S.L., o requirimento do 1 de outubro de 2014 da xefa do Servizo de Planificación de Formación para o Emprego, para a emenda da solicitude de subvención para o financiamento de bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais (expediente TR363A 2014/40-0) devolta en dúas ocasións polo servizo de Correos por estar ausente o destinatario.
«Mr. Wine, S.L.
Rúa Hermanos Villar, 1-3º A, 32005 Ourense.
Emenda da solicitude da subvención para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas.
Núm. expte.: TR363A 2014/40-0.
Ref.: ALM/mcpl.
Con data 8.9.2014, a entidade Mr. Wine, S.L. presentou solicitude para a concesión dunha subvención para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas (número de rexistro de entrada 28825/RX 1001524), ao abeiro da Orde do 25 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril).
O artigo 6.4 da citada orde relaciona a documentación que debe acompañar a solicitude, e máis concretamente no punto d) di que xunto coa solicitude deberá presentarse asinado o acordo subscrito entre a persoa nova e a empresa para a realización de prácticas non laborais.
Débese lembrar que o paso previo á sinatura deste acordo é ter subscrito un convenio de prácticas non laborais coa Consellería de Traballo e Benestar, como así vén establecido no artigo 2 da Orde do 25 de abril de 2014.
Visto o anterior e de conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ten un prazo de 10 días para emendar os erros detectados na súa solicitude.
Se non se produce a corrección no prazo mencionado, entenderase que desistiu da súa petición, polo que se arquivará esta despois da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Na ligazón http://traballo.xunta.es/practicas-non-laborais atópase toda a información, instrucións e modelos relativos ao convenio de prácticas non laborais, a solicitude de candidatos ao Servizo Público de Emprego e ao acordo de prácticas non laborais».
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014
Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
