Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de decembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/539/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 21 de novembro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada de madeira sobre soleira de formigón, no barrio de Santo Paio de Arriba, Reboreda, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María Darriba Couñago, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística