Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de decembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/535/2014, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 21 de novembro de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes nunha construción e terraza sobre soleira destinadas a bar-cafetería no lugar de Cuchiño, Campos de San Martiño, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Dolores Montenegro Outeda e a Alberto González Montenegro, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística