Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de decembro de 2014 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído de estradas da rede autonómica de Galicia da zona de Barbanza-Noia.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á rede autonómica de estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense a información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona de Barbanza-Noia

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-11

Padrón (N-550)-Ribeira (AC-550)

0+000 ao 40+060

AC/13/040.09.1

Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira

AC-305

Padrón (VG-1.1)-Ribeira (AC-550)

22+180 ao 23+720

32+420 ao 39+700

AC/13/040.09.2

Boiro, A Pobra, Ribeira

AC-550

Cee-Ribeira

53+840 ao 60+510

68+050 ao 72+670

103+630 ao 106+510

AC/13/040.09.3

Muros, Outes, Noia, Ribeira

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

80+680 ao 91+110

AC/040.09.4

Dumbría, Cee

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou as suxestións que coiden oportunas.

A exposición ao público, para os efectos deste anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nos respectivos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referidos.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico: mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación a que van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, núm. de teléfono e enderezo de correo electrónico) das persoas interesadas.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas