No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 321/2014 (procedemento abreviado), interposto por Manuel Antonio Iglesias Cardet contra a desestimación presunta do recurso de reposición formulado contra a Resolución do 2 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en puericultura (DOG núm. 108, do 9 de xuño).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
