Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de equipamentos clientes para o Servizo Galego de Saúde, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-14-039).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-039.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de equipamentos clientes para o Servizo Galego de Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72267100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 169.480 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 119.836 euros. Importe total: 145.001,56 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.10.2014.

b) Data de formalización do contrato: 1.11.2014.

c) Contratista: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 116.240,92 euros. Importe total: 140.651,51 euros.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos