Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial sector SUD-1 (expediente FG número 590).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de novembro de 2014 acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Resolver as alegacións presentadas e aprobar definitivamente o documento denominado Plan parcial SUD-1 Cividás, Mera, Oleiros e A Coruña. Documento do 5 de setembro de 2014, nº 12848.

– Arquivar o documento nº 1008 do 28 de xaneiro de 2014, ao quedar substituído polo que se aproba.

Recursos. O plan parcial é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 11 de decembro de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente