De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a José Mata Vázquez e outros o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 9 de outubro de 2014, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio núm. 402, sito na Coruña, relativo ao proxecto 01159, expediente 2011/004184, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01159 parcelas expropiadas e posteriormente revertidas polo Ministerio de Fomento para obter o sistema xeral viario. Conexión CN-550 con N-VI e porto. TM A Coruña.
Nº de expediente: 2011/004184.
Persoas que se notificarán: José Mata Vázquez e outros.
Expropiante: Concello da Coruña.
Expropiado: José Mata Vázquez e outros.
Beneficiario: Concello da Coruña.
Predio nº: 402.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do xurado: 652.159,83 €.
