Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (expedientes ANI-CO-0031/2014-V e ANI-CO-0035/2014-V).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 12 de decembro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANI-CO-0031/2014-V.

Denunciado: Miguel Ángel Blanco Tesouro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: ANI-CO-0035/2014-V.

Denunciado: Víctor Manuel Niebla Villares.

Acto de notificación: acordo de iniciación.