Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1892

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2015 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2015

P.S. (Orde do 17 de novembro de 2014)
Patricia García Antelo
Subdirectora xeral de Administración e Persoal

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data
de sinatura

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Aprosal) para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas por Aprosal para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e o fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención

0,00 €

1.9.2014

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para a promoción e colaboración en actuacións de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo para o colectivo de persoas xordas de Galicia

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais destinadas ás persoas xordas de Galicia, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas pola Faxpg para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo das persoas xordas, a redución dos riscos laborais, a investigación e o fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención

0,00 €

21.11.2014