Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3382

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (678/2013 D).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario número 678/2013, seguido por instancia de BWSUN, S. Coop. Galega, se ditou sentenza en data 18 de novembro de 2014. E encontrándose os demandados, Lina Bosco, S.C.P., Miriam Sánchez García, en situación de rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma, con indicación de que os interesados poderán dirixirse a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a indicada sentenza cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, que se interporá a partir do día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial