Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (416/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de seguridade social 416/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Picón Pampín contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Práctica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales N 201, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), AA Solar Fotovoltaica, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución (sentenza):

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Yolanda Picón Pampín contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Eficiencia Medioambiental, S.L., A.A. Solar Fotovoltaica, S.L. e Práctica Solar, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a suma de 1.430,63 euros que se lle deben en concepto de prestación económica de IT iniciada o 31 de agosto de 2010 e finalizada o 7 de febreiro de 2011, correspondentes ao período que abrangue desde o cuarto día de IT ata o día 30 de outubro de 2010, unha vez deducidos xa os 1.361,19 euros que percibiu de Mutua Gallega polo período do 1 de novembro de 2010 ata o 21 de decembro de 2010, e debo condenar e condeno as demandadas a estar e pasar pola dita declaración, e debo condenar e condeno as mercantís Eficiencia Medioambiental, S.L., A.A. Solar Fotovoltaica, S.L. e Práctica Solar, S.L. e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a aboarlle a dita suma á demandante, sen prexuízo do dereito de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo de repetición contra as mercantís codemandadas, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, con absolución da TXSS das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c LRXS).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Eficiencia Ambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L., Práctica Solar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial