Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle promovido por Cigalmar, S.L.

O 15 de xaneiro de 2015, o Pleno do Concello de Carral adoptou, entre outros, os seguintes acordos que se transcriben literalmente na súa parte dispositiva:

«1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle denominado “Estudo de detalle para aproveitamento integral da parcela 10-I” do polígono industrial dos Capelos, Carral. A Coruña, elaborado en xullo de 2014 polo enxeñeiro técnico industrial Jesús Doval García (Cambre Consulting Asociados, S.L.U.), colexiado nº 226 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (que emitiu o visado nº 1920/14, o 24 de xullo de 2014, con referencia F36597DF65), e promovido pola mercantil Cigalmar, S.L. (CIF B15341050). O seu obxecto, que desenvolve o plan parcial do devandito polígono, no marco das vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal de Carral é un reaxuste de aliñacións para poder construír ata as medianeiras da parcela 10-I, e intentar alcanzar a ocupación máxima do 65 % permitido. Coa entrada en vigor deste estudo de detalle queda extinguida a suspensión de licenzas decretada na súa aprobación inicial.

2. Publicar este acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que integran o estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia, coa indicación de que contra aquel só cabe a interposición de recurso contencioso-administrativo, perante os órganos e nos prazos que establece a Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notificar o presente acordo ao promotor do estudo de detalle e aos colindantes, como interesados directamente afectados.

4. Comunicar este acordo á consellería da Xunta de Galicia competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio e darlle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran.

5. Facultar o alcalde para a sinatura de todos os documentos que deriven destes acordos».

Todo o cal se fai constar en cumprimento do artigo 92.2 do texto vixente da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e indícase expresamente que se realizou a remisión á consellería competente da documentación indicada no dispositivo cuarto.

Carral, 16 de xaneiro de 2015

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde