Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4128

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio co Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social y Deportivo

Contribuír ao mantemento do Centro Galicia

60.000,00 €

8.9.2014

Convenio co Centro Gallego de Santa Fe de Arxentina

Regularización da situación administrativa

15.000,00 €

29.10.2014

Convenio coa Federación Unión de Asociaciones Gallegas en la República de Argentina

Organización do día de «Bos Aires celebra Galicia» na cidade de Bos Aires

25.000,00 €

2.9.2014

Convenio coa Fundación España de Argentina

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Arxentina

10.000,00 €

20.10.2014

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Desenvolvemento e mantemento dun software para a xestión dos programas da entidade

20.000,00 €

15.10.2014

Addenda ao convenio coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento

6.500,00 €

25.9.2014

Convenio coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Contribuír á adquisición de equipamento informático para a oficina de información e asesoramento en Cuba

6.500,00 €

19.11.2014