Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (735/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 735/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Soledad González Iglesias contra a empresa Acciona Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e administración concursal da empresa Dda. Acciona Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Xulgado do Social número 2 da Coruña

Sentenza: 7/2015

Nº de autos: 735/2012

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María Soledad González Iglesias, que comparece asistida do letrado Pedro Pedreira Candal e doutra, como demandada, Acciona Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L., Fondo de Garantía Salarial Fogasa e administración concursal da Empresa Dda. Acciona Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L. administrador Víctor Peña Aizpurúa, que non comparecen os demandados, a pesar de estar citados en legal forma.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante María Soledad González Iglesias debo condenar e condeno a empresa Acciona Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L. a que abone ao demandante a cantidade de 926,28 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Acciona Soluciones Avanzadas de Comunicación, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial