Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (173/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 173/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jorge González Vilela contra a empresa Castellwind Alcañiz, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta por Jorge Gabriel González Vilela contra a empresa Castellwind Alcañiz, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a entidade demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento de 2.836,35 € en concepto de indemnización. No caso de que se opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 51,57 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Castellwind Alcañiz, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial