Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4510

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 29 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2015.

O artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúe a esta comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de pesca fluvial e lacustre. Con base nesta competencia, promulgouse a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, que ten como obxecto a regulación da conservación, do fomento e do ordenado aproveitamento das poboacións piscícolas.

De conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, compete a esta consellería o desenvolvemento e a aplicación da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e do seu regulamento.

As entidades colaboradoras están definidas no artigo 6 da Lei de pesca fluvial e considéranse como tales as que realicen actividades ou investimentos en favor da riqueza piscícola das augas continentais galegas, así como na mellora da calidade do ambiente das citadas augas, sempre que teñan recoñecido tal carácter. Ese mesmo artigo tamén establece que a condición de entidade colaboradora supoñerá o cumprimento das obrigacións e o goce dos beneficios que para tal colaboración estableza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Por outra banda, a Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, establece como obxecto regular e establecer medidas para favorecer o desenvolvemento sustentable xa que supón condicións básicas que garanten a igualdade de todos os cidadáns no exercicio de determinados dereitos constitucionais; entre os seus obxectivos figura o de conservar e recuperar os recursos naturais do medio rural a través de actuacións públicas ou privadas que permitan compatibilizar o seu uso cun desenvolvemento sustentable. Por último, a lei prevé un conxunto de medidas entre as cales figura a xestión sustentable dos recursos naturais, especialmente a auga, o solo, as masas forestais, os espazos naturais, a fauna cinexética e os recursos de pesca continental.

En aplicación desta lei, ditouse o Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014, de aplicación nas zonas rurais que delimita e cualifica. En concreto, no seu eixo 4, artigo 21, número CA.6 (Apoio a iniciativas de protección do ambiente).

Finalmente, concretouse no convenio entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais e, entre as actuacións de conservación da natureza figura a actuación número tres da epígrafe 4.21-CA.6, consistente en subvencións en concorrencia polo sistema de rateo destinadas a sociedades colaboradoras de pescadores que realicen actividades e investimentos para o fomento da riqueza piscícola (BOE núm. 139, do 11.6.2012).

O réxime xeral das axudas e subvencións de Galicia establécese na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En virtude do anterior, e en uso das atribucións do artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas a entidades colaboradoras que realicen actividades e investimentos para o fomento da riqueza piscícola.

2. Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia polo sistema de rateo, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, son de aplicación os preceptos básicos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Actividades subvencionables

1. A actividade obxecto de axuda é a vixilancia de tramos de pesca fluvial.

2. En ningún caso se outorgarán axudas para:

a) Gastos de equipamento e material para a entidade colaboradora.

b) O IVE.

c) Aqueles gastos que figuran no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. Para que estas axudas poidan outorgarse, deberanse cumprir as seguintes condicións:

a) A vixilancia dos tramos de pesca deberá ser exercida por vixilantes xurados de pesca fluvial, con nomeamento regulado segundo os artigos 29 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e 86 do seu regulamento.

b) Poderán acollerse a estas axudas os contratos en vigor a partir do 1 de outubro do 2014 ata o 30 de setembro do 2015.

c) Será obxecto de axuda a vixilancia que se realice a xornada completa (40 horas semanais), e a subvención reducirase proporcionalmente no caso de xornadas inferiores.

d) Ao comezo ou finalización do contrato, de non alcanzar un mes completo, ratearase a subvención segundo os días de vixilancia efectiva.

4. En todos os casos se deberán indicar os coutos e os municipios onde se van desenvolver as actividades para as cales se solicita a subvención.

Artigo 3. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias as sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Só se poderá optar a estas axudas cando os tramos de pesca xestionados polas sociedades ou asociacións se atopen dentro das zonas rurais establecidas no anexo VI.

Artigo 4. Importe das axudas

1. A axuda poderá alcanzar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 7.800 euros de axuda por solicitude.

2. As axudas poderán ratearse en función da existencia de crédito suficiente tanto á alza como á baixa, segundo os niveis de prioridade en función dos municipios establecidos no anexo VI.

3. Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de seiscentos cincuenta euros (650 €) por vixilante e mes de vixilancia a xornada completa. Nos casos dunha duración inferior ao mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional á duración do contrato e á dedicación.

4. Se por causa xustificada o importe final dos gastos for menor do que se considerou subvencionable, o pagamento será minorado na porcentaxe que corresponda.

5. Non será causa de incremento da axuda que o importe final dos gastos sexa superior ao tomado en consideración para a concesión desta.

6. Para os efectos do disposto no artigo 27.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, permitirase a subcontratación total da actividade obxecto da subvención excepto cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non forneza valor engadido ao seu contido.

7. En ningún caso se concederán aboamentos a conta ou pagamentos anticipados.

8. En todo caso, a contía das axudas estará condicionada á dispoñibilidade orzamentaria.

Artigo 5. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante; por isto, o modelo de solicitude normalizado inclúe a autorización expresa á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos facilitados. No caso de que a persoa interesada non o autorice, estará obrigada a presentalos nos termos exixidos polas normas reguladoras deste procedemento.

Así mesmo, a presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada comportará a autorización, ao órgano xestor, para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Con todo, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e debe presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

5. A solicitude para ser beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no caso de que se lle conceda a axuda solicitada para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Con todo, as solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorra algunha das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións informativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas/Secretaría Xeral Técnica; Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sx.cmati@xunta.es.

Artigo 6. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo ao cartafol do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a súa presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 8. Documentación

1. Coa solicitude deberá presentarse copia da seguinte documentación:

a) O anexo I debidamente cuberto con identificación do/dos couto/s ou tramo/s onde se pretende realizar a vixilancia.

b) Acreditación da personalidade: poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade. A presentación do DNI só será obrigatoria no caso de que o representante non autorice a consulta dos datos de identidade a través do sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

c) Copia cotexada dos contratos de vixilancia. En cada contrato deberá constar o obxecto do contrato, o período de duración, o tempo de dedicación e o ámbito xeográfico da vixilancia. En caso contrario, deberase xuntar unha declaración en que se dea conta destes datos.

d) Resumo das actividades proxectadas, anexo II.

2. Segundo o establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas non texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para ou contrato menor, concretamente 18.000 euros no caso de servizos, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

3. A Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acreditará de oficio a condición de entidade colaboradora, en cumprimento do disposto no artigo 1.1 desta orde.

Artigo 9. Criterios obxectivos para a adxudicación das axudas

O crédito dispoñible en cada zona rural repartirase proporcionalmente entre as solicitantes. Cando nunha zona rural as solicitudes non esgoten o orzamento previsto, o remanente incrementará o orzamento dispoñible da zona ou zonas co mesmo nivel de prioridade, na mesma proporción.

No caso de que aínda quede remanente, repartirase proporcionalmente entre as zonas rurais para revitalizar ou primeiro nivel de prioridade. No caso de que, aínda así, quede orzamento, repartirase proporcionalmente entre as zonas rurais de segundo nivel, terceiro nivel e intermedias, seguindo esta orde.

Os coutos ou tramos para os cales se soliciten axuda asignaranse ao municipio que figure no anexo VI desta orde con maior nivel de prioridade.

As actuacións en coutos ou tramos incluídos integramente en municipios non recollidos no anexo VI non serán subvencionables.

Artigo 10. Tramitación

1. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comprobarán que as solicitudes cumpren cos requisitos exixidos e que se acompañan dos documentos sinalados.

Se a solicitude de subvención non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, os citados servizos requirirán a entidade solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao de recepción do requirimento, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicándolle que, de non facelo, pode considerarse desistida da súa petición despois de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza remitirán os expedientes, xunto co seu informe, á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no prazo máximo dun mes, contado a partir da data límite de presentación das solicitudes.

3. Os expedientes serán valorados por unha comisión de avaliación creada para tal fin na Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, que analizará a repartición do orzamento por zonas rurais, segundo as prioridades establecidas no anexo VI, entre as solicitudes admitidas, sen que ningunha poida obter máis do 100 % de subvención sobre o investimento nin exceder os 7.800 euros de axuda. Esta comisión presidiraa a persoa titular da subdirección ou persoa en quen delegue, que designará os membros da comisión de avaliación que considere oportunos.

4. A comisión de avaliación elevará a súa proposta á persoa responsable da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que efectuará a proposta de resolución.

5. A proposta de resolución fará mención das entidades solicitantes para as cales se propón a concesión da subvención e a contía de modo individualizado e especificará o investimento subvencionable e a porcentaxe de axuda. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse indicando a causa.

6. A concesión desta axuda outorgarase sen prexuízo de calquera outra autorización que sexa necesaria para o desenvolvemento das actuacións subvencionadas.

Artigo 11. Resolución e recurso

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde corresponde á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada conforme o establecido nas bases reguladoras das axudas recollidas nesta orde.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de cinco meses contados a partir da publicación desta orde. No suposto de non recibir notificación nese prazo, a solicitude entenderase denegada.

3. Na resolución que se dite especificarase o gasto subvencionable, a porcentaxe de subvención, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención, e fará constar, se for o caso, de maneira expresa, a desestimación da solicitude.

4. A resolución ditada, conforme o disposto no punto primeiro deste artigo, poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 6 de novembro, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 12. Aceptación da axuda concedida

O outorgamento da subvención deberá ser aceptado polas interesadas que fosen propostas como beneficiarias no prazo máximo de dez (10) días desde a notificación da resolución de concesión, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que a beneficiaria non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 13. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para a mesma finalidade, coa excepción das subvencións financiadas con fondos comunitarios ou da Administración Xeral do Estado, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Publicidade da resolución

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza dará publicidade no Diario Oficial de Galicia ás subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputan, da beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

Artigo 15. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto non artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Obrigacións das beneficiarias

1. A aprobación da subvención implicará o compromiso das solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións previstas na resolución.

2. As beneficiarias deberán conservar, polo menos durante cinco anos, os documentos acreditativos da utilización dos fondos recibidos, segundo o artigo 11.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Xustificación do gasto

1. O prazo para a xustificación do fin das actividades e do pagamento de conceptos correspondentes a elas finalizará o día 16 de outubro de 2015.

2. Para percibir o importe da axuda a beneficiaria deberá presentar, antes do vencemento do prazo de xustificación, nos lugares e formas sinalados no artigo 5 desta orde, a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento segundo o anexo III desta orde, xunto cos anexos IV e V debidamente cubertos.

b) Facturas orixinais ou copias compulsadas non caso de que a actividade de vixilancia sexa exercida por un traballador autónomo, xunto cos extractos de contas ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola beneficiaria, de forma que quede acreditada a efectiva realización dos pagamentos.

c) No caso de que a actividade de vixilancia sexa realizada mediante un contrato laboral entre a entidade solicitante e o vixilante xurado, deberá incluírse a presentación das nóminas (preferiblemente mensuais) e os extractos bancarios dos seus pagamentos, así como os correspondentes recibos de liquidación de cotizacións á Seguridade Social.

3. Conforme o previsto no artigo 27.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a beneficiaria poderá subcontratar parte ou a totalidade da actividade subvencionada. Con todo, non poderán subcontratarse as actuacións que, incrementando o custo da actividade subvencionada, non incrementen o valor engadido ao contido desta.

4. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza comprobarán a documentación e engadirán as certificacións sobre o grao de execución das actividades subvencionadas e sobre a adecuación destas á documentación que serviu de base para a concesión da axuda.

5. Unha vez realizado o anterior, o expediente remitirase, xunto cunha proposta, á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Artigo 18. Modificación nas actividades subvencionadas

Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, sempre que non estean reflectidas na resolución de concesión, requirirá a aceptación expresa e previa da persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por delegación da persoa titular da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo do informe favorable do servizo correspondente. O silencio neste suposto terá a consideración de denegatorio.

Artigo 19. Pagamento

1. O pagamento corresponderase co importe que resulte de aplicar a porcentaxe da axuda aos gastos subvencionables. Excepcionalmente, poderá subvencionarse unha parte dos gastos aprobados, sempre que se xustifique documentalmente o motivo de non ter realizado o total do gasto e que a parte executada constitúa unha unidade operativa independente. Neste caso, ou se o gasto tiver un importe inferior ao inicialmente previsto, aplicarase a correspondente minoración.

2. Non se poderá realizar o pagamento da subvención en canto a beneficiaria non se atope ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Revogación

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 36 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos casos e termos previstos no artigo 33 da mesma lei.

2. En todos os supostos anteriormente citados, e por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, despois da audiencia previa á interesada e o informe previo do servizo provincial, o secretario xeral técnico, por delegación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderá revogar total ou parcialmente as axudas concedidas e declarar a obrigación de reintegro á Xunta de Galicia das cantidades percibidas, co aboamento dos xuros de demora que correspondan.

Artigo 21. Financiamento

Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2015, no momento da resolución.

As axudas concedidas ao amparo da presente orde serán cofinanciadas ao 50 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.541B.781.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, ata un importe máximo de 70.000 €.

Este importe inicial poderá incrementarse con achegas adicionais despois da oportuna tramitación orzamentaria, axustándose ao disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control das actividades subvencionadas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos competentes desta consellería poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se prevexan as actividades, mesmo con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa realización e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas, de acordo co establecido no artigo 30.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As entidades beneficiarias someteranse ao que detallen no anexo II respecto da planificación da actividade de vixilancia, de tal forma que esta indicación se utilizará na comprobación da realización da actividade e da súa finalidade.

Artigo 23. Publicidade e identificación

1. As entidades beneficiarias das axudas deberán cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida de acordo co disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. De acordo coa cláusula novena do convenio específico entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona, do 7.5.2012 (BOE núm. 139, do 11 de xuño) a beneficiaria comprométese a sinalizar e identificar as actuacións realizadas ao amparo da presente orde de axudas, segundo os modelos de carteis especificados no anexo VII.

Artigo 24. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, as entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde teñen a obrigación de facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e de control do destino das axudas públicas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co que se establece no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Disposicións xerais

O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposición adicional única. Delegación de funcións

Delégase no secretario xeral técnico o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 10.1, e demais competencias atribuídas nesta orde ao conselleiro; así mesmo, delégase a facultade de revogar e aplicar o procedemento sancionador.

E delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza a autorización de calquera modificación nas actividades aprobadas, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO VI
Zonas rurais de Galicia e niveis de prioridade segundo o Real decreto 752/2010, do 4 de xuño

Niveis de prioridade

Zona rural

Provincia

Municipios e entidades locais menores

Importe (€)

Zona prioritaria nivel 1

Lugo Central

Lugo

Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo (O), Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Incio (O), Láncara, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Pastoriza (A), Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade

7.000

Montaña Lucense

Lugo

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada (A), Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Nogais (As), Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín e Riotorto

7.000

Depresións Ourensá e Terras do Sil

Ourense

Baltar, Bande, Blancos (Os), Calvos de Randín, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Entrimo, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Mezquita (A), Montederramo, Monterrei, Muíños, Oímbra, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), Porqueira, Rairiz de Veiga, Riós, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, Teixeira (A), Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia

7.000

Zona intermedia nivel 2

Miño Central

Ourense

Allariz, Amoeiro, Arnoia (A), Avión, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Bola (A), Carballeda de Avia, Carballiño (O), Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, Gomesende, Irixo (O), Leiro, Maceda, Maside, Melón, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Piñor, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Taboadela, Toén, Verea, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo

5.600

Valdeorras

Ourense

Barco de Valdeorras (O), Bolo (O), Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rúa (A), Rubiá, Veiga (A) e Vilamartín de Valdeorras

5.600

Zona intermedia nivel 3

As Mariñas

Lugo

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol, Pontenova (A), Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro e Xove

5.425

Lugo Sur

Lugo

Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón (A), Saviñao (O), Sober e Taboada

5.425

Rías Altas e Arco Ártabro

A Coruña

Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Capela (A), Cariño, Carral, Cedeira, Cerdido, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Irixoa, Laracha (A), Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), Sada, San Sadurniño, Somozas (As), Valdoviño, Vilamaior e Vilasantar

5.425

Terras de Santiago

A Coruña

Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Dodro, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, Padrón, Pino (O), Rois, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra

5.425

Pontevedra Leste e Terras do Miño

Pontevedra

Arbo, Campo Lameiro, Cañiza (A), Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Lama (A), Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Neves (As), Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño (O), Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui

5.425

Zona intermedia sen prioridade

Costa da Morte e Rías Baixas

A Coruña

Baña (A), Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal (A), Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Vimianzo e Zas

5.337,5

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Pontevedra

Agolada, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Dozón, Estrada (A), Grove (O), Illa de Arousa (A), Lalín, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Valga, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa

5.337,5

70.000

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file