Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador COL/57/2014-RP1 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente COL/57/2014-S1, devoltos polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 12 de decembro de 2014, de conformidade coa proposta da xefa do Servizo Provincial da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Coruña, incoar expediente sancionador, entre outros, a María Consuelo Loureiro Vilarelle, por obras de construción con tipoloxía de vivenda unifamiliar de planta baixa e plataforma de madeira que rodea a edificación, no lugar de Ribeira de Evaristo, O Vilar-Covas (Ferrol). Así mesmo, a directora da Axencia, o 12 de decembro de 2014, ditou resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das citadas obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal dos ditos acordos a María Consuelo Loureiro Villaverde, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle á interesada as ditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro de ambos acordos que se notifican se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, a interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que ten lugar a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística