Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de acordo de aprobación definitiva do estudo detalle no colexio Santa María do Mar (expediente 631/158/2014).

O Pleno municipal, en sesión realizada o 22 de decembro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes para a construción dunha cuberta sobre a pista de hóckey existente no colexio Santa María do Mar, sito na avenida da Pasaxe, 69, A Coruña, promovido polo colexio Santa María do Mar.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento, así como o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección del medio rural de Galicia (LOUG), para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificar este acordo aos titulares catastrais, ás áreas municipais de Infraestruturas, Servizos Sociais, Cultura, Deportes e Educación, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina do SIX de Planeamento e ao promotor, a quen se requirirá, ademais, para que no prazo de 10 días presente en soporte informático a documentación aprobada para a súa incorporación ao sistema de información xeográfico municipal».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da LOUG tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 22 de xaneiro de 2015.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo