Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa Infraestructuras y Renovables, S.L., titular do expediente LU/0364/P05, relativo a axudas de incentivos económicos rexionais (Orde do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do 23 de xuño de 2014) que con data 24 de xuño de 2014 a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas resolveu denegar a axuda solicitada.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de denegación esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñer postestativamente recurso de reposición ante o ministro de Facenda e Administracións Públicas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
