Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4874

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2015 pola que se dá publicidade ás encomendas de xestión para a execución de obras, formalizadas por esta entidade pública durante o mes de decembro de 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA), dáse publicidade á formalización das encomendas de xestión, tramitadas pola entidade pública Portos de Galicia durante o mes de decembro de 2014, para a execución das seguintes obras:

A) Demolición de departamentos e acondicionamento da zona portuaria de Malpica de Bergantiños.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: demolición de departamentos e acondicionamento da zona portuaria do porto de Malpica de Bergantiños.

3. Valor estimado da encomenda: 124.937,74 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 16 de decembro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta de Galicia): Seaga.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Dous meses (2 meses).

B) Acondicionamento da zona portuaria da escalinata de San Tomé (Cambados).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: acondicionamento da zona portuaria da escalinata de San Tomé (Cambados).

3. Valor estimado da encomenda: 103.253,72 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 18 de decembro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta de Galicia): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Dous meses (2 meses).

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia