Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015 pola que se lles notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lles notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado na Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Expediente: OR-87/1 conta 16.

Nome: Mª Genoveva Menacho García.

Último domicilio coñecido: estrada de Francelos, 4, entreplanta E, 32400 Ribadavia, Ourense.

Expediente: OR-87/1 conta 16.

Nome: José Manuel da Silva da Cruz.

Último domicilio coñecido: lugar de Cachamuíña, 135, 32710 Cachamuíña, A Lamela, O Pereiro de Aguiar, Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida ao IGVS.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interpoñerse ningún recurso.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo