Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2015 pola que se notifica a resolución pola que se denega a axuda solicitada no marco da Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Feader, para executar o proxecto B14-32121-0615.

O 19 de novembro de 2014 o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) denegou unha axuda solicitada por José Luis García Iglesias para executar o proxecto B14-32121-0615 no marco da Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Feader.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Agader, sita no lugar da Barcia, nº 56, Laraño, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural